
Man of Aral
- 7 min.
O filme Man of Aral replica a erosión da paisaxe e a desaparición do Mar de Aral a través de alteracións químicas na propia película, confronta temporalidades humanas e xeolóxicas a través dunha secuencia de imaxes distantes dun territorio marcado de forma perenne pola actividade humana.
-
Off Galicia
Memoria
Man of Aral
Superfícies – Arde Aral (leite)
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Alberte Pagán. Entrada de balde.
- Ano:2023
- Países de produción: Francia, Irlanda, Portugal
- Montaxe: Helena Gouveia Monteiro
- Produtora(s): Arts Council of Ireland, Fingal County Council, l’Abominable/Navire Argo Lab, ANIM lab – Cinemateca Portuguesa
Notas sobre o filme
VV AA
Man of Aral revela-nos a profusa organicidade de um mar a desaparecer numa exploratória paisagem experimental. O filme elabora-se a partir de imagens satélite do mar de Aral – mar das ilhas – na Ásia central, a partir de uma sequência digital em time lapse, transferida para película de 16mm. O processo de manipulação das imagens feita quimicamente à mão, desenvolve uma pintura viva e sonora em vibrante movimento, resultado da contaminação dos materiais. A imagem metamorfoseia-se sob a acção digital e analógica, transmutando-se num corpo imagético e sonoro único. A banda sonora de Nicolas Clair foi inspirada por John D. H. Greenwood que a compôs originalmente para o filme “Man of Aran”, de Flaherthy, de 1934. A mão humana destruidora da paisagem entra em diálogo e inspira outras mãos criadoras de uma réplica experimental e condensada de uma catástrofe ecológica. – Carlota Gonçalves, Indielisboa
Man of Aral é unha película experimental creada a partir de imaxes por satélite da desaparición do Mar de Aral, en Asia Central, que mostran o descenso gradual do nivel da auga e a drástica transformación da paisaxe como consecuencia da actividade humana.
A partir destas imaxes creouse unha secuencial dixital, transferiuse a unha película de 16 mm e manipulouse quimicamente á man con tinturas e colorantes, que afectaron as imaxes visual e materialmente e mais crearon un obxecto visual híbrido único, tanto dixital como analóxico, composto mecánica e manualmente. A banda sonora de Nicolas Clair inspírase na partitura orixinal composta por John D. H. Greenwood para Man of Aran en 1934.
Como relato escenificado dun mar sen auga, Man of Aral presenta a erosión da paisaxe e do propio material fílmico como liñas temporais humanas e xeolóxicas en pugna a través de tomas distantes dun territorio en rápida mais case invisible transformación, un acontecemento esencial dunha escala sen precedentes. – Helena Gouveia Monteiro