El hombre de la cámara
Chelovek s kino-apparatom
- 68 minutos
Unha xornada nunha gran cidade (San Petersburgo) e o propio proceso de realización da película a través do periplo do seu operador navegan en simultáneo neste clásico con maiúsculas de Dziga Vertov. Peza en perpetuo movemento, a súa enerxía febril fabrica un filme experimental, unha sinfonía urbana vivaz, chea de vigor e versatilidade, exploratoria e audaz no uso dos seus recursos, mesturando compoñentes poéticos, ensaísticos, xustaposicións e unha perfecta sincronía entre montaxe e música.
-
HOMENAXE AO OLEKSANDR DOVZHENKO NATIONAL CENTRE
El hombre de la cámara
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP -
-
Cero en conducta. Seminarios e talleres de imaxe
El hombre de la cámara
El cameraman
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Presentación: José Luis Guerín. Entrada gratuíta.
-
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
El hombre de la cámara
Versión lingüística:MudaFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
El hombre de la cámara
Versión lingüística:MudaFormato:35mm.Sesión en Minicines Dumas.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
El hombre de la cámara
Versión lingüística:MudaFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
8ª sesión cine de vangardas
El hombre de la cámara
Versión lingüística:VOSEFormato:16mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
El hombre de la cámara
Versión lingüística:MudaFormato:35mm. -
-
- Ano:1929
- Países de produción: Rusia
- Guión: Dziga Vertov
- Fotografía: Mikhail Kaufman, Gleb Troyanski
- Produtora(s): VUKFU
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Gonzalo Vilas
(...) O home da cámara, cine dentro do cine, documento impagable dunha época e... varios lugares (a cidade de Odessa, pero tamén outras, formando un canto á cidade soviética en abstracto), e un filme ante todo de abigarrado impacto visual, teremos que tender unha breve ollada sobre Vertov e os seus famosos postulados do cine-verdade como oposición ó "guiñol" como furibundamente calificaba ó cine dramatizado ou de ficción. (...) Unha das máximas utilizadas por Vertov era a de "non copia-lo funcionamento do ollo humano", imperfecto fronte ás posibilidades moito máis amplas da cámara: "O cine-ollo utiliza tódolos medios de rodaxe ó alcance da cámara; así, a toma de vistas rápida, a microtoma de vistas, a rodaxe cara atrás, a animación, a rodaxe desde o ángulo máis inesperado, etc.... non son considerados trucaxes, senón procedementos normais, amplamente utilizables*. E, falando especificamente de O home da cámara, onde todas esas teorías atoparon a súa máis lograda expresión, dicía: "Esta experiencia complexa (...) colócanos fronte a fronte co cine . nun cento por cento, e, nun segundo lugar, opón brutalmente a vida tal como é", vista polo ollo armado dunha cámara ("cine-ollo"), á vida tal como é vista pola ollada imperfecta do ollo humano". (...)
Hoxe apreciamos e ficamos fascinados por este filme de vangarda producido por unha productora estatal, tamén por esa voráxine visual proporcionada polos recursos da cámara explotados sen nengún rubor e ensamblados nunha complexisima montaxe, pero igualmente moito pola sua reflexión e exame do proceso de producción e consumo (incluíndo a rodaxe, a montaxe e o elemento do espectador) dunha fita. Así o tema do filme é en grande parte o propio cine. Aínda que nun principio, e nos primeiros anos despois da súa exhibición, O home da cámara foi a miudo considerada coma "unha sinfonía dunha grande cidade", ó modo das coetáneas Choiva, de Joris Ivens, ou Berlín, sinfonía dunha grande cidade, de Ruttmann, esa reflexión efectuada no filme sobre os procesos necesarios para a súa producción engádelle un elemento máis complexo e, ó cabo dos anos, máis "moderno" se cabe ó termo. (...)
Nun programa de man repartido ós espectadores cando a estrea de O home da cámara resumíase así o filme: "Estes fenómenos vividos, con estas fases vitais, con estas notas, con eles construiuse unha obra musical cinematográfica na que hai unha melodía básica e un acompañamento". Só lle faltaba a esta fascinante sinfonía de imaxes o inminente recurso do son, cine sonoro que, como sinala Porter-Moix, O home da cámara pide e esixe.