HOMENAXE AO OLEKSANDR DOVZHENKO NATIONAL CENTRE
Do 26 de outubro de 2022 ao 27 de outubro de 2022
O 24 de febreiro de 2022 a FIAF emitiu o seguinte comunicado:
“O Comité Executivo da Federación Internacional de Arquivos Fílmicos (FIAF) expresa a súa profunda preocupación polo bienestar dos seus colegas do Oleksandr Dovzhenko National Centre de Kiev, as súas familias e amigos, así como pola seguridade das coleccións únicas e os locais desta importante institución cultural, logo dos últimos acontecementos dramáticos acontecidos en Ucraína.
Institucións como o Centro Nacional Oleksandr Dovzhenko National Centre (afiliado á nosa Federación desde 2003) só poden cumprir a súa misión principal de recopilar, salvagardar e compartir o rico patrimonio cinematográfico do seu país cos máis altos estándares internacionais se se lles permite operar nun entorno estable e pacífico.
Asociación estritamente neutral desde o punto de vista político desde a súa creación hai 84 anos, a FIAF sempre condenou o efecto desastroso dos conflitos armados sobre institucións culturais como os 171 arquivos cinematográficos da nosa rede. Ao igual que a UNESCO, coa que a FIAF mantén unha asociación oficial desde hai moitos anos, a nosa Federación fomenta unha cultura de paz, xa que recoñece que a protección do patrimonio cultural, especialmente nun periodo de conflito armado, é parte integrante das estratexias sostibles para construir un mundo máis pacífico e seguro.
En nome da nosa comunidade mundial de arquivos cinematográficos, o Comité Executivo da FIAF quere asegurar aos seus colegas de Kiev a súa solidariedade nestes momentos tan difíciles para eles e a súa institución. Comprometense a seguir de perto a situación e a facer todo o que estea na súa man para prestar apoio e asistencia ao seu afiliado ucraíno sempre que sexa necesario.”
O Dovzhenko Centre foi fundado en 1994 e é o maior arquivo fílmico de Ucraína, o único do país membro da FIAF. A súa colección inclúe 7.000 películas de longametraxe, documentais, cine de animación ucraíno e estranxeiro, ademáis de miles de rexistros da historia do cine ucraíno. A invasión de Ucraína por parte de Rusia non foi o último dos seus problemas: o 5 de agosto a Axencia Estatal de Cine de Ucraína emitiu unha orde para “reorganizar” o Centro, limitando moitas das súas capacidades, liquidando de facto o arquivo cinematográfico nacional e transferindo as súas coleccións cara outras institucións sen relación nin experiencia algunhas coa preservación cinematográfica. Como outros arquivos de todo o mundo, a Filmoteca de Galicia quere solidarizarse co Dovzhenko Centre proxectando no entorno do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual dous clásicos como El hombre de la cámara (1929), de Dziga Vertov, rodada en distintas ciudades de Ucraína, e La tierra (1930), do cineasta ucraíno que da nome ao centro, Aleksandr (o Oleksandr) Dovzhenko.
En colaboración co Centro Nacional Oleksandr Dovzhenko National Centre.
Coa colaboración de