Suzhou River
Suzhou he
Zhou Xun, Jia Hongsgeng, Nai An, Yao Anlian, Hua Zhonkai
- 79 minutos
En Shanghái, á beira do caótico río Suzhou, Mardar viaxa por toda a cidade repartindo paquetes na súa motocicleta. Durante un dos seus encargos, coñece á xoven Moudan e ambos namoran perigosamente. En realidade, Mardar foi contratado para secuestrala e chantaxear ao seu pai. Ao descubrir a traición, Moudan desaparece. Despois de pasar tres anos en prisión, Mardar regresa ao río Suzhou na procura da súa amada. É así como coñece a Meimei, unha bailarina que se lle parece a Moudan.
A restauración en 4K desta obra de culto do cine chinés contemporáneo reivindica definitivamente ao cineasta Lou Ye —tantas veces censurado polo réxime do seu país— como un dos grandes talentos da súa xeración.
- Ano:2000
- Países de produción: Alemaña, China
- Guión: Lou Ye
- Fotografía: Wong Yuk
- Produtora(s): Dream Factory, Essential Films