
TRANS EUROPE EXPRESS
Alain Robbe-Grillet, 1966
90´. Subtítulos en castelán.
TRANS-EUROP-EXPRESS/ TRANS EUROPE EXPRESS
(Francia-Bélxica, 1966)
Dirección e guión: Alain Robbe-Grillet. Produción: Como Film, coa colaboración do Ministerio de Educación francés. Fotografía: Willy Kurant. Intérpretes: Jean-Louis Trintignant, Marie-France Pissier. Duración: 90 minutos.
Thriller que se vale dunha mínima anécdota de corte policial –o personaxe de Trintignant contrabandea cocaína entre Amberes e París- para experimentar coa linguaxe cinematográfica, pero sen esquecer o humor e o erotismo, con sutís referencias ao sadomasoquismo.