Paseo por el amor y la muerte
A Walk With Love and Death
Anjelica Huston, Assi Dayan, Anthony Higgins
- 90 minutos
Drama romántico que acontece durante a guerra dos Cen Anos. Un estudante expulsado da universidade chega a un castelo feudal e namórase rapidamente da filla do señor. Foxen xuntos.
- Ano:1969
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Hans Koningsberger
- Fotografía: Edward Scaife
Assaf Dayan, un brillante e guapo mozo que pode actuar, e Anjelica Huston, unha sinxela, inmensamente atractiva moza que quizais non poida, interpretan uns amantes que esvaran inexorablemente cara á morte na loita entre campesiños e nobres franceses que tivo lugar na Guerra dos Cen Anos. (…) A Historia imprímese na película de diversos xeitos e dende distintas direccións. Os escenarios, localizacións en Austria e Italia, mais non en Francia, son todos reais. Os vestidos e conxuntos dos actores semellan historicamente precisos dun xeito non habitual en dramas de época. A música, de George Delerue, toda ela rexistros de inspiración medieval, imita o estilo histórico cun gusto tan tranquilo que un case anhela a Elmer Bernstein. E vese tamén nas ideas que, aínda sendo malas na súa maioría, rexen a vida dos personaxes — responden ao histórico, hai moita historia aquí. Lady Claudia (Anjelica Huston) defende a súa virtude con fervor vitoriano, mesmo se Heron de Foix (Assaf Dayan) a asedia coa metade do arsenal dun galán de hedonismo propio de comezos dos sesenta. Mentres, o tío de Claudia, Robert o vello (John Huston), el tamén nobre, segue a inclinación do liberalismo dos anos trinta e lánzalles os campesiños á súa prole.
Roger Greenspun, The New York Times