Crash
James Spader, Holly Hunter, Elias Koteas
- 100 minutos
Cando unha noite, James Ballard esnafra o coche contra o de Helen, máis aló das feridas e do ingreso no hospital, algo sorprendente sucede. Ambos pasan a experimentar unha singular atracción mutua. A partir de aí, a vida de James camiña por un mundo escuro, prohibido e intenso, un mundo onde dominan o perigo, o sexo e a ameaza da morte. Un cuarto de século deste clarividente e insólito clásico de David Cronenberg, agora en copia restaurada, unha simbiose do universo do escritor James G. Ballard capaz de atrapar e levar ao último extremo o concepto de Nova Carne do cineasta. Moi controvertida desde a súa estrea no Festival de Cannes 1996, á narración de Ballard e á mirada clínica ou ao humor negro, Cronenberg suma a confluencia de Eros e Thanatos ou unha irónica mirada sobre os corpos condenados a fundirse coa tecnoloxía.
- Ano:1996
- Países de produción: Canadá, Reino Unido
- Guión: David Cronenberg; novela de J.G. Ballard
- Fotografía: Peter Suschitzky
- Montaxe: Ronald Sanders
- Produtora(s): Alliance Communications Corporation, RPC, TMN, Téléfilm Canada