Encontro con Candela Sotos
- 60 min.
O encontro coa cineasta e artista visual Candela Sotos a través da súa película Yrupẽ, permítenos explorar as resonancias entre a súa obra e as correntes do poshumanismo que cuestionan a centralidade do humano e propoñen novas formas de relación coa contorna natural. Yrupẽ abre un espazo para pensar sobre o legado, o arquivo e as relacións familiares, pero tamén sobre a contemplación do crecemento dunha planta e o modo a través do cal ese xesto introduce un tempo e un ritmo que despraza o centro do relato desde o humano cara a unha forma de vida vexetal.
- Ano:2025
- Países de produción: España