O pai de Migueliño
O pai de Migueliño
X. Manoel García Seoane, Herminia Vázquez, Andrés Rey, X. Manoel.
- 13 minutos
No momento de iniciar a súa viaxe á emigración europea, un mozo rememora unha pasaxe da súa nenez: a ilusión coa que agardaba a volta de seu pai das Américas.
Proxecto de colaboración realizado baixo a dirección técnica de Filmoteca Española a partir de negativos en 35 mm conservados na institución e dixitalizados pola Filmoteca de Galicia.
-
Premios Mestre Mateo 2019 / A ilusión é perfecta: Víctor Ruppen
Fendetestas
Illa
O herdeiro
O pai de Migueliño
Presentación: Sara Donoso, Antonio F. Simón, Carlos A. López Piñeiro. Entrada gratis
-
-
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Fendetestas
Illa
O herdeiro
O cadaleito
O pai de Migueliño
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación. Entrada de balde.




"Facer cinema, rodar, é sufrir; un desacougo permanente"
Miguel Castelo
Ruppen soubo pola prensa que se estaba rodando Fendetestas (1975), e que a produción tiña problemas económicos para continuar, e entrou en comunicación con Antonio Simón, o seu director. Así principiou a súa implicación nesta aventura, que despois continuaría co Equipo Imaxe. El non tiña ningunha intención de facer cinema dun modo ou outro. Preguntaba canto se precisaba, daba o que podía, non quería ler o guión, nin saber o que se estaba a facer. El vía os filmes cando estaban rematados. As propostas eran de carácter estritamente persoal. Cada quen fixo o que quixo, o que considerou que tiña que facer. Non houbo unha concepción previa, nada se fixo con carácter programático. Que dos catro filmes en 35 mm., tres sexan adaptacións de relatos literarios, coido que é un feito que responde principalmente a dúas razóns: á seguridade de se apoiar en argumentos literarios, nunha situación iniciática, de inexperiencia e carencia de oficio; e a un interese máis ou menos intuitivo/racional por contar aspectos dunha realidade histórica, desaparecida ou en trance de desaparición ou transformación. Si había, por outra parte, un acordo tácito, non escrito, de intervir os uns nos filmes dos outros. E neste estado de cousas, houbo un momento no que me tocou oficiar a min, logo de ter colaborado nas anteriores producións.
(...) lendo Cousas, cando cheguei a O pai de Migueliño, fíxoseme a luz: alí estaba a película que eu quería facer. O relato gustoume, produciume unha emoción especial e adapteino como sabía. Entendín que un episodio desas características, vinculado a algo tan noso, pertencente á realidade histórica deste país como é a emigración, tiña que ter unhas formas austeras, contarse en planos fixos, sen grandes movementos de cámara. Por outra banda, era consciente de estar a traballar con actores non profesionais, dos que hai que extraer outra verdade interpretativa. E de que, en xeral, precisaba dun certo laconismo, de capacidade de síntese e unha miga de sutileza.
(...) A rodaxe, que comezara no 75, viuse interrompida aos tres días e conseguiuse retomar nove meses despois, xa con outro equipo (novo xefe de produción, novo director de fotografía-2º operador…), e todo concluíu por fin no 77. Así que do que estou certo é que facer 12 minutos de película foi sufrir moitísimo e estar case un ano coa incerteza de se algún día se remataría. Nunca me vira en tal situación: “E facer cinema é isto? Sufrir?”, preguntábame. Discutir, contrariarse, non poder conciliar o sono. E, en efecto, agás por momentos, para min facer cine, e principalmente rodar, é sufrir, queimar neuronas, roubarlle tempo ao descanso, desvelarse, soñar cos planos… Un desacougo permanente. Se cadra, unhas veces porque non se conseguen as adecuadas condicións de produción e outras porque non se saben administrar. Unha frustración. O filme non está como eu o tiña na cabeza. Entre outras cousas, falta unha pequena secuencia, entre a lectura da carta e a saída da casa, que pensaba incluír. Ademais, na segunda parte da rodaxe, o barco xa non existía, levárano para Avilés, onde o despezaran. Polo tanto, todas as imaxes del son da primeira parte da rodaxe.
Pola contra, a secuencia da estación do ferrocarril, que abre e clausura o relato, está armada con imaxes das dúas etapas. O exterior fíxose na primeira vez e, como non había figuración, o filmado, agás o home da maletiña que xustifica o travelling, é o que alí había, a realidade mesma. Na segunda vez fíxose o interior do vagón, do que o operador, o actor e máis eu tivemos que saltar coa cámara e os pequenos elementos de iluminación xa en marcha, intentando non romper a cabeza e evitar que caese a cámara, se abrise e se velase a película…
Declaracións tiradas da entrevista publicada por A Cuarta Parede en setembro de 2013.