Fendetestas
Fendetestas
Manoel Bermúdez, Miguel A. Saavedra, Francisco Taxes.
- 30 minutos
Fendetestas é un home que polas circunstancias sociais da década dos corenta se ve obrigado a facerse salteador de camiños.
Proxecto de colaboración realizado baixo a dirección técnica de Filmoteca Española a partir dunha copia en 35 mm dixitalizada pola Filmoteca de Galicia.
-
Premios Mestre Mateo 2019 / A ilusión é perfecta: Víctor Ruppen
Fendetestas
Illa
O herdeiro
O pai de Migueliño
Presentación: Sara Donoso, Antonio F. Simón, Carlos A. López Piñeiro. Entrada gratis
-
Retrospectiva Antonio Simón
Fendetestas
Antonio Simón: vídeo e TV
Versión lingüística:VOFormato:35mm. -
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Fendetestas
Illa
O herdeiro
O cadaleito
O pai de Migueliño
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación. Entrada de balde.




Sobre Víctor Ruppen
Ángel Luis Hueso Montón
Despois de impulsar dúas películas en super 8 (ARREDOR e A FALA DO MUIÑO MUDO, ámbalas de Carlos Piñeiro) en 1974, será decisivo na súa traxectoria o ano seguinte co paso a 16 mm (ILLA, do mesmo Piñeiro) e sobre todo o "salto" ó 35 mm profesional producíndose FENDETESTAS de Antonio F. Simón.
A singularidade de Ruppén non se debe só ó feito de facilitar a determinados realizadores os medios para face-los seus curtos dentro dun formato que lles permitira dirixirse ós circuítos comerciais, senón tamén concebi-la producción como algo que se debe desenvolver en continuidade, superando as meras contribucións puntuais. Desta maneira debe entenderse o apoio en 1976 a O HERDEIRO, de Miguel Gato e a O CADALEITO de Enrique R. Baixeras, seguido en 1977 por O PAI DE MIGUELIÑO de Miguel Castelo, vindo a formar todas elas, xunto coa citada FENDETESTAS, unha especie de bloque unitario por riba da propia singularidade dos seus directores.
Co paso dos anos, estas obras adquiriron unha especial singularidade no contexto do cine galego dos anos 70, posto que representan o punto culminante acadado polos seus directivos respectivos, o intento máis serio de facer obras que recollesen claves da indosincrasia galega e, á vez, a búsqueda dun curtometraxismo que superará a marxinalidade amateur e se integrará na normalidade industrial.
Ángel Luis Hueso Montón, en ‘Anos de efervescencia política”, en Historia do cine en Galicia, José Luis Castro de Paz (coord.), Via Láctea Editorial, 1996, pp. 189-190.