
1981-1983: unha crónica política
- 50 min.
A primeira das sesións dedicada á empresa Espello Vídeo Cine estará dividida en dúas partes. Na primeira, o produtor Xosé Xoán Cabanas Cao e o investigador Manolo González analizarán o que supuxo no eido do audiovisual a irrupción da compañía en 1981, mostrando un breve vídeo que recolle parte da súa traxectoria e máis algúns dos soportes técnicos, como cámaras ou magnetófonos, cos que se traballaba.
Na segunda parte proxectaranse tres pezas referidas á actividade política dos primeiros anos da autonomía galega:
- Campaña das eleccións autonómicas da UCD, 1981.
- Manifestación pola capitalidade da Xunta de Galicia na Coruña, 1982.
- Investidura de Paco Vázquez como alcalde da cidade, 1983.
-
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
1981-1983: unha crónica política
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentan: Xosé Xoán Cabanas Cao, Manolo González. Entrada de balde.