Timbuktu, le chagrib des oiseaux
Abderrahmane Sissako, 2014
97'. DCP. Subt. Castelán. Presentación e coloquio: Marion Berger e Martin Pawley. Entrada de balde
Timbuktu, le chagrib des oiseaux
(Mauritania, Francia, 2014)
Dirección: Abderrahmane Sissako. Guión: Kessen Tall, Abderrahmane Sissako. Fotografía: Sofian El Fani. Intérpretes: Ibrahim Ahmed, Toulou Kiki, Abel Jafri, Fatoumata Diawara, Hicham Yacoubi, Ketty Noël. Dur.: 100'.
Timbuctú está silandeira, as portas están pechadas, as rúas están baleiras. Non hai música, non se toma o té, as cores desapareceron, ninguén ri. As mulleres pasan coma sombras. Os fundamentalistas sementan o terror na cidade. En medio das dunas, algo afastado do caos, Kidane vive a vida de sempre coa muller Satima, a filla Toya e o mozo pastor Issan. Mais a tranquilidade non ha durar. Cando Kidame mata accidentalmente a Amadou o pescador, logo de que este matase accidentalmente a súa vaca favorita, deberá enfrontarse á implacable lei dos novos invasores estranxeiros.