
¡Qué verde era mi valle!
How Green Was My Valley
Walter Pidgeon, Maureen O'Hara, Anna Lee, Donald Crisp, Roddy McDowall
- 118 min.
“Qué verde era mi valle é desas películas que te acompañan a vida toda e cada nova visión nos devolve un filme novo, como se o noso recordo da última vez e o curso do tempo se aliasen para sorprendernos cunha película distinta á que viramos porque a vida nos arrastra e esquecemos canto ou que pouco cambiamos (…) E ao vela unha vez máis estes días un asómbrase de que nalgún momento recordaramos Qué verde era mi valle como unha película entrañable (mesmo bonita), cando se trata dunha película tráxica, atravesada pola fatalidade, que desprende un alento elexíaco. Tampouco pode cualificarse o filme como un clásico, se non é pola súa riqueza seminal, mais que constitúe unha verdadeira rareza no contexto do seu tempo: un filme preñado por unha voz over (a voz dun Huw adulto ao que non vemos, só escoitamos) que canta o perdido como quen invoca o milagre da resurrección, un filme estatuario como se Ford tratase de esculpir pantasmas dun mundo periclitado, un filme funerario en que todo canto importa ao narrador desapareceu.” (Daniel Domínguez).
-
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
¡Qué verde era mi valle!
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP -
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
¡Qué verde era mi valle!
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP -
- Ano:1941
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Philip Dunne; Richard Llewellyn (novela)
- Fotografía: Arthur C. Miller
- Montaxe: James B. Clark
- Produtora(s): 20th Century Fox