![O testamento de Orfeo](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/le_testament_dorphee_web.jpg?itok=PKwiSSw0)
O testamento de Orfeo
Le testament d'Orphée, ou ne me demandez pas pourquoi!
Jean Cocteau, Françoise Arnoul, Claudine Auger, María Casares
- 77 minutos
Un poeta ve que se achega a hora da súa morte e decide facer balance da súa vida e da súa obra. Entre soños de inmortalidade e ansias de renacemento irá desfilando unha serie de surrealistas personaxes, nunha precisa análise das inspiracións, fobias e obsesións do artista. (uniFrance)
-
O testamento de Orfeo
Premios María Casares. Presentación. Entrada de balde
- Ano:1960
- Países de produción: Francia
- Guión: Jean Cocteau
- Fotografía: Roland Pontoizeau
(...) A historia de amor de Orfeo supera todos os límites coñecidos. O poeta namorado da morte, a morte namorada del e dándolle a volta á mitoloxía, ela pode mirar mais non posuír o que mira. Un amor imposible que transcende os propios límites da vida, tras a cal existe outro mundo no que a morte é un emisario máis —impagable detalle de guión—, ao servizo dun poder maior que dita as leis no inframundo. A morte, que na película recibe o nome d'A princesa, está interpretada pola coruñesa María Casares —nun papel rexeitado por Greta Garbo e Marlene Dietrich, que sen dúbida terían estado igual de sensacionais—, quen namora literalmente a cámara nunha arriscada composición. As súas silenciosas olladas a Orfeo transmiten unha paixón contida imposible de saciar, o seu rostro iluminado, xa sexa polas luces duns motoristas —mensaxeiros e verdugos das decisións tomadas no inframundo— ou polo seu reflexo no espello, porta de enlace entre os dous mundos. (...)
Alberto Abuín, Espinof