
Tartufo
Friedrich Wilhelm Murnau, 1925
70’. Subt. Galego. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro.
TARTÜFF / TARTUFO (Alemaña, 1925) Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Guión: Carl Mayer, sobre a obra teatral de Molière. Produción: UFA. Fotografía: Karl Freund. Intérpretes: Emil Jannings, Werner Krauss. Duración: 70 minutos. Un vello cabaleiro adiñeirado está cada vez máis dominado pola ambiciosa e despótica ama de chaves, que busca que desherde o neto e lle deixe a ela a súa fortuna. O intelixente neto ten un cine ambulante, que leva á casa do avó. Un día proxéctalle unha versión de Tartufo, comedia de Molière. Produción UFA co gran Emil Jannings de protagonista, tratamentos formais distintos segundo os segmentos narrativos, moi centrado Murnau nos magníficos xogos plásticos e lumínicos.