
La chaqueta metálica
Full Metal Jacket
Matthew Modine, Adam Baldwin, Vincent D'Onofrio, R. Lee Ermey
- 116 minutos
A un campamento de instrución de marines chegan dezasete novos recrutas. Durante oito semanas reciben un duro adestramento intensivo por parte do sarxento Hartman. Despois dun incidente tráxico, son enviados a Vietnam, en plena guerra, onde han intervir en operacións militares. Os traballos de Stanley Kubrick facíanse esperar cada vez máis, espaciados no tempo. Xunto a Michael Herr (1940-2016), o reporteiro de guerra autor do memorable libro Dispatches (Despachos de guerra, 1977) e un dos escritores do libreto de Apocalypse Now, e inspirados no Gustav Hartford de The Short-Timers, o cineasta establecería na Chaqueta metálica a súa particular sinfonía sobre a guerra de Vietnam, cun relato dividido en partes moi nidias: o adestramento, a contorna e o conflito. A violencia institucionalizada, a dualidade do home (subxace de modo premeditado o concepto de Sombra de Jung) e a disección dos grupos que conforma este aparecen en medio dunha guerra diurna, atrapada convenientemente na lóxica formal simétrica proposta polo director.
- Ano:1987
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stanley Kubrick, Michael Herr, Gustav Hasford; Gustav Hasford (obra)
- Fotografía: Douglas Milsome
- Montaxe: Martin Hunter
- Produtora(s): Warner Bros.