Tabú
Friedrich Wilhelm Murnau, 1931
86’. Subt. Galego
TABU / TABÚ (Estados Unidos, 1931) Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Guión: Friedrich Wilhelm Murnau e Robert Flaherty. Produción: Friedrich Wilhelm Murnau e Robert J. Flaherty Production. Fotografía: Floys Crosby, Robert Flaherty. Intérpretes: Reri, Matahi. Duración: 86 minutos. A independencia de Murnau respecto a Hollywood logo do maltrato de City girl, lévao a un acordo con Robert Flaherty, o mítico documentalista. Falan mesmo de facer doce películas faladas mundo adiante. O proxecto –último filme de Murnau, que consideraba a súa mellor película- comeza nos Mares do Sur. Unha rapaza, Reri, e Matahi, o mellor pescador da illa, son parella. O vello feiticeiro Hitu decide consagrar a Reri aos deuses, rompendo o idilio. Pero os mozos rebélanse e foxen dos ritos. Murnau concibe o filme á maneira romántica, o que leva a diferenzas creativas con Flaherty, propoñendo unha visión nada edulcorada da realidade plasmada (ademais dun indicio de disolución dos límites documental-ficción) amosando un mundo maléfico de forzas escuras onde o tabú e a relixión son ameazas.