Fritz Lang. Fitos da súa etapa alemá
Do 1 de xullo de 2008 ao 31 de xullo de 2008
A enorme personalidade e talento fílmico de Fritz Lang (Viena, 1890-Hollywood, 1976), cineasta de precisión xeométrica, analista da turbiedade humana e metáfora das mutacións do século XX, sometido a unha carreira, entre a Alemaña do expresionismo e os primeiros estertores do nazismo, e os Estados Unidos do período de plenitude do cine clásico de Hollywood, apaixonante e tamén, en parte, enigmática, semella unha das máis produtivas da Historia do cinema. Nesta ocasión o ciclo dedicado ao máis significativo da primeira etapa alemá do seu autor arroupa a exposición que terá lugar en setembro deste ano, así como o seminario “Fritz Lang: la seguridad del sonámbulo” que organiza entre os días 18 e 20 de xullo a Fundación Luís Seoane.
Agradecementos: Friedrich-Wilhelm-Murnau-Stiftung Foundation, Carmen Prokopiak.

LOS NIBELUNGOS I parte

LOS NIBELUNGOS II Parte

METRÓPOLIS

SPIONE
DR. MABUSE I parte
DR. MABUSE II parte

EL TESTAMENTO DEL DOCTOR MABUSE
