DR. MABUSE I parte
Fritz Lang, 1922
141´. Muda con rótulos en galego.
DR. MABUSE, DER SPIELER EIN BILD DER ZEIT
(Alemaña, 1922)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou, sobre a novela de Norbert Jacques. Produción: Ullsetin, Uco Film, Decla, Bioscop, UFA. Fotografía: Carl Hoffmann. Intérpretes: Rudolph Klein-Rogge, Alfred Abel, Aud Egede Nissen. Duración: 141 minutos.
A través de roubos e trampas o doutor Mabuse fai unha fortuna na Bolsa e, logo, grazas ao hipnotismo gánalle a Hull 50.000 dólares xogando ás cartas. Hull contrata a Wenck para que lle axude e Mabuse utiliza sen escrúpulos á súa amante Cara para que seduza a Hull. Filme-metáfora que aproveita o formato serial posibilitando a Lang facer sen dificultades as súas seguintes películas grazas ao notable éxito e a capacidade de exportación conseguidos.