DR. MABUSE II parte
Fritz Lang, 1922
104´. Muda con rótulos en galego.
DR. MABUSE, INFERNO-MENSCHEN DER ZEIT
(Alemaña, 1922)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou, sobre a novela de Norbert Jacques. Produción: Ullsetin, Uco Film, Decla, Bioscop, UFA. Fotografía: Carl Hoffmann. Intérpretes: Rudolph Klein-Rogge, Alfred Abel. Duración: 104 minutos.
Wenck, hipnotizado, sobrevive a unha persecución en coche e descobre o agocho de Mabuse. A casa é rodeada e ten lugar unha batalla a tiros. Conseguirá Mabuse fuxir nesta ocasión? Xogador, xenio do crime, mestre da caracterización, hipnotizador, fagocitador da psicanálise predominante no momento, Mabuse permanece como un dos máis acertados retratos da posible perversidade do home e da súa época.