SPIONE
Fritz Lang, 1927
164´. Muda con rótulos en galego.
SPIONE
(Alemaña, 1927)
Dirección: Fritz Lang. Guión: Fritz Lang e Thea von Harbou. Produción: Fritz Lang e UFA. Fotografía: Fritz Arno Wagner. Intérpretes: Rudolph Klein-Rogge, Gerda Maurus. Duración: 164 minutos.
Haghi é un poderoso criminal que dirixe unha organización de espías empregando como tapadeira o seu banco. Tremaine, axente gobernamental, intenta desarticular a banda. Haghi envía a unha das súas axentes máis valiosas, Sonja, para que o elimine pero esta namora perdidamente del. Mestura maxistral de traxedia e relato de intriga que anticipa elementos explorados por Hitchcock.