El reflejo de Sibyl
Sibyl
Virginie Efira, Adèle Exarchopoulos, Gaspard Ulliel, Sandra Hüller, Niels Schneider
- 100 min.
Sibyl é unha terapeuta que decide abandonar os pacientes para dedicarse de novo á literatura, paixón que abandonara anos atrás. Pero cando a inestable actriz Margot aparece na súa vida, non pode evitar tratala e gravar as súas consultas, ademais de inspirarse nela e na súa contorna para escribir a súa próxima ficción.
Triet e Harari arman un xogo de superposicións metanarrativas ao redor do que podería definirse sen ambaxes coma unha telenovela. Un triángulo amoroso sérvelles para efectuar unha narración literaria, que contén á súa vez (ou complementa) unha rodaxe, que se circunscribe nunha autoficción que se psicanaliza constantemente. Baixo as súas aparencias, é en realidade Sibyl, como xa o eran as dúas anteriores películas de Triet, La batalla de Solférino (2013) e Los casos de Victoria (2016) –protagonizada tamén por Virginie Efira– unha comedia sobre a crise de mediana idade e as dinámicas de poder na contorna familiar. A parte cómica estoupa de maneira máis evidente na segunda parte da fita, con Sadra Hüller a interpretar unha directora de cinema sen control da súa rodaxe nin da súa vida. Non se pode dicir o mesmo de Triet, polo menos no que respecta ao primeiro.
- Ano:2019
- Países de produción: Bélxica, Francia
- Guión: Justine Triet, Arthur Harari
- Fotografía: Simon Beaufils
- Montaxe: Laurent Sénéchal
- Produtora(s): Les Films Pelléas, Les Films de Pierre, Page 114
-
"Me gusta reírme con las cosas oscuras y trágicas que suceden a veces en la vida"
Entrevista a Justine Triet (Jan Lumholdt para Cineuropa)
Trailer
VOSE