Fóra de serie
Do 1 de setembro de 2007 ao 30 de setembro de 2007
Comezamos a programación de setembro coa preestrea da última película de José Luis Guerin, unha ocasión que, dadas as súas converxencias e afinidades, serve para a aprazada presentación da revista “Cahiers du Cinéma España”, publicación de periodicidade mensual que xorde coa vocación de consignar as mutacións, novas percepcións e modelos de reinvención do cine contemporáneo. En la ciudad de Sylvia, portada do último número, axustase á demanda de calidade e renovación da linguaxe fílmica que solicita esta nova revista, nada en maio deste mesmo ano. O acto contará coa presenza do seu director Carlos F. Heredero, dun dos seus colaboradores, José Manuel López, membro do consello de redacción e, por suposto, o propio cineasta José Luis Guerin.
Na sección “Fóra de serie” recuperamos algunhas das producións pendentes de chegada ás salas galegas. Títulos reputados, esquecementos incomprensibles como a que fora a primeira película de Gus Van Sant, “Mala noche” (1985), anterior ao seu éxito con “Drugstore cowboy”, ademais de “Last days” (2005), que tivera un fugaz paso en versión dobrada polo noso territorio, ao igual que “Borrachera de poder” do ilustre Claude Chabrol. A estrea de propostas estimulantes como “Keane” e “Réquiem por Billy el niño” e a presenza de dúas producións galegas cerran a programación de setembro. O salario do silencio é un documental de intervención sociopolítica que demanda solucións desde presupostos informativos á polémica instalación da planta de Reganosa na ría de Ferrol. Mentres, o dúo Lili Films, convertido en pouco tempo nunha sorte de filmoteca alternativa en torno ao formato Súper 8, nunha miscelánea de arqueoloxía e rescate, así como respecto aos formatos subestándar, combinado con doses de espectáculo e bo humor, estreará unha mostra documental que homenaxea ao cineasta galego Antonio Docampo ao tempo que presenta un traballo recentemente atopado que irá acompañado de música interpretada en directo.
Agradecementos: José Luis Guerin, Carlos F. Heredero, José Manuel López, Lili Films (Fernando Pujalte e Ángel Rueda), Mabel Rivera, Enrique Banet.
![KEANE KEANE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_999.jpg?itok=eNjryo0f)
KEANE
![EN LA CIUDAD DE SYLVIA EN LA CIUDAD DE SYLVIA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1000.jpg?itok=R-s36hL-)
EN LA CIUDAD DE SYLVIA
O SALARIO DO SILENCIO
![LAST DAYS LAST DAYS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1002.jpg?itok=AYK6cVnz)
LAST DAYS
![MALA NOCHE MALA NOCHE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1003.jpg?itok=uPNT-eUS)
MALA NOCHE
![RÉQUIEM POR BILLY EL NIÑO RÉQUIEM POR BILLY EL NIÑO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1004.jpg?itok=dSpu-e2I)
RÉQUIEM POR BILLY EL NIÑO
![EL CIELO DEL SUPER 8 (2007) EL CIELO DEL SUPER 8 (2007)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1005.jpg?itok=lh6c_9kS)
EL CIELO DEL SUPER 8 (2007)
![BORRACHERA DE PODER BORRACHERA DE PODER](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1006.jpg?itok=NZeD7VOH)