
EL CIELO DEL SUPER 8 (2007)
Lili Films, 2007.
53´. Vídeo / cine. Presentación a cargo dos seus autores e do cineasta Antonio Docampo. A sesión incluirá outros dous traballos. Entrada gratuíta.
EL CIELO DEL SUPER 8
(España, 2007)
Dirección: Ángel Rueda. Guión: Fernando Pujalte, Ángel Rueda e Ana Domínguez. Fotografía: José de Carricarte. Produción: Lili Films (Fernando Pujalte e Ángel Rueda), José de Carricarte e Ana Domínguez. Intérpretes: Lili Films. Duración: 32 minutos.
Lili Films viaxa polos domicilios proxectando as películas domésticas dos particulares, descubrindo entre bobina e bobina, "El Cielo del Super 8", un lugar onde o cine recupera a súa espontaneidade a través da mirada do afeccionado. Unha homenaxe á liberdade do cineasta “amateur”.
A sesión dedicada a Lili Films e ao formato Súper 8 inclúe unha mostra de imaxes recuperadas por eles (7 minutos) e unha exhibición en 8 mm. dunha película doméstica datada a finais dos anos cincuenta e rodada en Noia sobre a recollida do berberecho (14 minutos). Esta última peza será interpretada con música en directo na sala.