O SALARIO DO SILENCIO
Enrique Banet, 2007.
47´. Vídeo. Presentación do traballo a cargo do seu director, a produtora Mabel Rivera e Manuel Amorim. Entrada gratuíta.
O SALARIO DO SILENCIO
(España, 2007)
Dirección, guión e fotografía: Enrique Banet. Produción: Mabel Rivera para Nanche Films SL. Duración: 47 minutos.
Produción documental de corte militante que nos sitúa en antecedentes sobre o conflito da planta gasificadora de Reganosa, situada en Mugardos, na ría de Ferrol. Testemuñas de todo o espectro político, expertos, técnicos e afectados axudan a construír un relato valente a modo de informe directo dunha situación presente sen resolver.