
Lessons of Darkness + Amsterdam via Amsterdam
- 92 min.
LESSONS OF DARKNESS (Alemaña, 1992)
Dirección e guión: Werner Herzog. Producción: Paul Berriff Productions e Werner Herzog. Fotografía: Rainer Klausman e Paul Berriff (C). Montaxe: Rainer Standke, Música: Wagner, Mahler, Grieg, Prokofiev e Verdi. Dur.: 52 min.
Werner Herzog entréganos un filme esencialmente documental sobre o Conflicto do Golfo. Sen emitir unha palabra e apoiándose nos textos de Peter Handke e maila Biblia, fai unha reflexión universal - apocaliptica e cruel - sobre a guerra, amosando as terras calcinadas e agonizantes do deserto con música de Wagner e mais de Mahler. Sobrevoa en helicóptero o país de Kuvait por riba de 600 pozos en chamas, ofrecéndonos unha imaxe mítica e ó mesmo tempo real do inferno, rozando unha linguaxe onírica -case abstracta- e en todo caso visionaria. Inclúe unha das poucas entrevistas mudas da historia do cine documental.
AMSTERDAM VIA AMSTERDAM (Holanda, 1996)
Dirección e guión: Rob Rombout e Rogier van Eck. Producción: Amsterdams Fonds voor de Kunst, A.d.R. Productions. Fotografía: Willy Stassen (C). Montaxe: Adriana Moreira. Dur.: 40 min.
Amsterdam Vía Amsterdam é unha "road - movie", un percorrido entre dúas illas homónimas nos confíns norte e sur do planeta a partir da capital holandesa. Este documental segue as pegadas de dous ilustres navegantes holandeses do século XVI: Willem Barentsz e Cornelis van Houtman. Foron eles quen, hai 400 anos, abriron un camiño entrámbalas dúas illas. Deste filme emerxe, pois, un retrato tríptico formado polo Amsterdam holandés, o Amsterdam noruego e o Amsterdam francés.
-
Compostela documental
Lessons of Darkness + Amsterdam via Amsterdam
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1992-1996
- Países de produción: Alemaña, Holanda