RÉQUIEM POR BILLY EL NIÑO
Anne Feinsilber, 2006.
86´. Subtítulos en castelán.
REQUIEM FOR BILLY THE KID / RÉQUIEM POR BILLY EL NIÑO
(Francia, 2006)
Dirección: Anne Feinsilber. Guión: Jean-Christophe Cavallin e Anne Feinsilber. Fotografía: Patrick Ghiringhelli. Produción: Cargo Films, New Western Films e MK2. Intérpretes: Kris Kristofferson. Duración: 86 minutos.
O 14 de xullo de 1881 Billy o Neno foi asasinado polo shériff de Lincoln, o seu antigo amigo Pat Garrett. No ano 2004 o shériff Tom Sullivan abre unha investigación para determinar se isto aconteceu. Estimulante documental que propón curiosos paralelismos entre o célebre foraxido e o poeta Arthur Rimbaud ao tempo que establece un poético diálogo imaxinario polo que se mesturan extractos dos filmes de Arthur Penn e Sam Peckinpah, imaxes de arquivo, reflexións sobre a identidade e o paso do tempo e conversas e intervencións de habitantes de Novo México, ao tempo que regresa ao personaxe unha das encarnacións do mito, Kris Kristofferson.