
EN LA CIUDAD DE SYLVIA
José Luis Guerin, 2007.
90´. Subtítulos en castelán.
Viernes 14, 20.30 h: Preestrea da película e presentación da revista “Cahiers du cinéma España” coa presenza de José Luis Guerin, o director da publicación, Carlos F. Heredero e José Manuel López, membro do consello de redacción. Entrada gratuíta.
EN LA CIUDAD DE SYLVIA
(España-Francia, 2007)
Dirección e guión: José Luis Guerin. Fotografía: Natasha Braier. Produción: Eddie Saeta, SA (España) e Chateau-Rouge Production (Francia). Intérpretes: Xavier Lafitte, Pilar López de Ayala. Duración: 90 minutos.
Un home pasea polas rúas e terrazas da cidade de Estrasburgo mentres busca coa mirada a distintas mulleres. Tal vez desexa atopar a Sylvia, unha rapaza que viu anos atrás. Arriscando de novo o imposible, o radical insubornable José Luis Guerin (“Tren de sombras”, “En construcción”) establece unha suxestiva xeografía de rostros, un exercicio de indagación sobre a mirada, o tempo e as relacións humanas a través dun relato delicado, sutil e mínimo, case mudo e apoiado en emotivas pezas musicais que vén de ser presentado na sección oficial do Festival de Venecia.