![KEANE KEANE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_999.jpg?itok=NY2dYcoQ)
KEANE
Lodge Kerrigan, 2004.
99´. Subtítulos en castelán.
KEANE
(Estados Unidos, 2004)
Dirección e guión: Lodge H. Kerrigan. Fotografía: John Foster. Produción: Populist Pictures e Studio Fierberg. Intérpretes: Damian Lewis, Abigail Breslin, Amy Ryan. Duración: 99 minutos.
Desde a terminal de autobuses de Port Authority en Nova York, un home libra as súas propias batallas contra a esquizofrenia e intenta facer fronte á ausencia de súa filla. Desaparecida, fantasma ou simple produto da súa imaxinación, redime a súa ausencia axudando a mozas na procura de calor humano. O director de “Clean Shaven” (1994) e “Claire Dolan” (1998) labra a súa mellor película, unha descarnada produción de Steven Soderbergh premiada en Deauville.