Modulartec: Geek Orquesta+Poupées Électriques
- 120 minutos
Modulartec
Geek Orquesta: EL HOTEL ELÉCTRICO REVISITADO
Poupées Électriques: JET – NUCLEAR FUSION DEVICE
Dous proxectos audiovisuais vencellados a Modulartec, encontro de creación sonora que celebra a súa 6º edición. En El hotel eléctrico revisitado, Geek Orquesta (os reputados músicos españois Juanjo Javierre e Justo Bagüeste) enfróntanse ao reto de desenvolver unha nova banda sonora en directo cunha selección de películas do pioneiro español Segundo de Chomón. O espectáculo establece unha sinestesia entre universos afastados temporalmente un século coa fascinación común polos avances tecnolóxicos e as súas aplicacións creativas.
Cunha longa traxectoria, Poupées Électriques, fundados en 2004, presentan a peza JET, un “pequeno sol interno”, convertido nun intérprete que amosa ao mundo como soa a fusión nuclear. Unha particular estrutura onde os sons crus reinterprétanse a través de ritmo, instrumentación, experimentación, tonalidade e atonalidade, a partir de arquivos de audio e video de experimentos con plasma realizados nas instalacións do CCFE (Culham Center for Fusion Energy), e gravacións de campo realizadas en 2016.
-
Fóra de serie
Modulartec: Geek Orquesta+Poupées Électriques
Versión lingüística:VOFormato:HDEntrada de balde.
- Ano:2023
- Países de produción: España