
Esenciais: Mikio Naruse
Do 2 de marzo de 2022 ao 15 de marzo de 2022
En colaboración coa Fundación Japón, Filmoteca de València, Filmoteca de Catalunya e Círculo de Bellas Artes de Madrid, presentamos esta retrospectiva esencial dedicada a Mikio Naruse (1905-1969), un dos grandes mestres do cine xaponés cunha obra á altura de nomes tan coñecidos como Ozu, Kurosawa ou Mizoguchi. Mais nas últimas décadas tivemos menos oportunidade de gozar das súas películas, marcadas por amores cheos de complexidade e retratos de mulleres de personalidade forte que se confrontan cos límites sociais.
“Naruse non é o “cuarto grande” entre os xaponeses senón, sinxelamente, un dos vinte ou vintecinco máis grandes autores cinematográficos que existiron no mundo. Sete das once películas súas que vin merecen o gastado cualificativo de «obras mestras». E ao menos dúas delas, La voz de la montaña e Nubes flotantes, e talvez unha terceira, Cuando una mujer sube una escalera, parécenme tan boas coma as mellores de Mizoguchi, Ozu, Ford, McCarey, Chaplin, Rossellini, Dreyer, Renoir ou Hitchcock, é dicir, comparables ás máis grandes da historia do cine” (Miguel Marías).
As proxeccións terán lugar na Fundación Barrié.
Coa colaboración de

Madre

La voz de la montaña

El almuerzo

Crisantemos tardíos

El sueño de cada noche

Nubes flotantes

A la deriva

Nubes dispersas

Cuando una mujer sube una escalera

Tormento
