
Nubes flotantes
Hideko Takamine, Masayuki Mori
- 123 minutos
Yukiko e Tomioka foron amantes durante a II Guerra Mundial, no sudeste asiático. Unha vez finalizado o conflito, Yukiko volta a Tokio na procura de Tomioka, ao que cre divorciado, mais el segue casado. De aí en diante a súa relación alterna separacións e reencontros, namentres outros homes e mulleres pasan polas súas vidas. Considerada a mellor película de Naruse e unha das mellores da historia do cine, está baseada na novela homónima de Fumiko Hayashi, a novelista máis destacada da posguerra, e narra a tormentosa historia da disolución da paixón ademais de describir de maneira maxistral a loita dunha muller para sobrevivir nun Xapón devastado pola guerra.
Fotografía ©1955 Toho Co., Ltd.
-
Esenciais: Mikio Naruse Fundación Barrié
Nubes flotantes
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde. Proxección na Fundación Barrié
- Ano:1955
- Países de produción: Xapón
- Guión: Yôko Mizuki; novela de Fumiko Hayashi
- Fotografía: Masao Tamai
- Montaxe: Eiji Ooi
- Produtora(s): Toho Company