
Madre
Okaasan
Kinuyo Tanaka, Kyôko Kagawa, Eiji Okada
- 99 minutos
Ryosuke traballa duramente para reconstruír o seu negocio de tinturería, destruído durante un bombardeo. A muller Masako e as dúas fillas, Toshiko e Hishako, fan todo o que poden por axudalo, e sacrifícanse constantemente pola familia. Inspirada nunha colección de ensaios de estudantes de primaria sobre as súas nais, aínda que é un filme sentimental, a posta en escena de Naruse é moito máis sobria que as lacrimóxenas "películas de nais" que se filmaban naquel momento. A partir do guión de Yôko Mizuki, a mellor guionista de Xapón, elude os acontecementos potencialmente máis melodramáticos para debuxar un retrato episódico e realista da nai xaponesa media e a súa loita cotiá durante a posguerra.
Fotografía copyright 1952 Toho Co., Ltd.
-
Esenciais: Mikio Naruse Fundación Barrié
Madre
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde. Proxección na Fundación Barrié
- Ano:1952
- Países de produción: Xapón
- Guión: Yôko Mizuki
- Fotografía: Hiroshi Suzuki
- Montaxe: Hidetoshi Kasama
- Produtora(s): Toho Company