The Confessions of Roee Rosen
- 57 minutos
Ao comezo de Confessions o artista Roee Rosen declara que agora que está a piques de morrer, renega dunha carreira inzada de mentiras, escándalos e identidades falsas e únese á tradición confesional que vai desde Santo Agostiño ata a televisión americana. As súas confesións, porén, son entregadas por substitutas: Roee Rosen 1, 2 e 3, tres traballadoras estranxeiras que residen en Israel. As traballadoras estranxeiras fan os monólogos en hebreo, aínda que non o falan. Isto conséguese usando unha transliteración do texto ao alfabeto inglés. Marcas no teleprónter indican ás intérpretes que ocasionalmente fagan mímica dos movementos xestuais e as expresións faciais do Roee Rosen real, quen está sentado ao outro lado da cámara. Trátase dun acto de fala que desafía as clasificacións habituais (pois as mulleres non desempeñan un papel e non teñen coñecemento do que elas propias din).
O texto constrúese coma un híbrido: por unha banda, presenta unha descrición bastante dubidosa dos "crimes" de Rosen, mais doutra banda é parcialmente plausible como monólogo dun traballador estranxeiro. Así, abórdanse temas cos que Rosen tratou no pasado (que van desde a abusiva representación do holocausto ás fantasías escatolóxicas e á política israelí), e ao mesmo tempo o traballo aborda directamente a realidade concreta das traballadoras ilegais, a explotación e o racismo presentes a día de hoxe en Israel. Mais non o fai apuntando cun dedo acusador culpando a outra persoa, senón practicando un acto que, en si mesmo, formula un problema.
As confesións aparecen entrelazadas con interludios musicais interpretados polo grupo “The Roee Rosen Confessions”, composto exclusivamente por artistas musicais femininas. Así, tras unha carreira chea de obras de alteración do xénero (que culmina na imaxe de Justine Frank, a efixie surrealista de Rosen), as confesións de Rosen son un asunto só de mulleres.
-
Intersección 2023
Confessions Coming Soon
I Was Called Kuney-Lemel
The Confessions of Roee Rosen
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:2008
- Países de produción: Israel
- Guión: Roee Rosen