Cuando una mujer sube una escalera
Onna ga kaidan wo agaru toki
Hideko Takamine, Masayuki Mori
- 111 minutos
Keiko acaba de quedar viúva e ten que valerse soa. Atopa un emprego como anfitrioa nun local de Toquio, pero ademais de cubrir os seus propios gastos debe axudar economicamente un irmán enfermo e sen traballo. Logo de seducir a un rico cliente, unha moza gueixa deixa o traballo. Mais Keiko, fiel ao seu defunto marido, négase a relacionarse cos ricos clientes da casa. Interpretada por unha monumental Hideko Takamine, Keiko encarna os conflitos e as loitas dunha muller que tenta defender a súa independencia e a súa dignidade nunha sociedade dominada por homes. Cuando una mujer sube una escalera é unha das mellores películas de Naruse, un drama cuxa sobriedade agocha só en parte a súa crueza.
Fotografía ©1956 Toho Co., Ltd.
-
Esenciais: Mikio Naruse Fundación Barrié
Cuando una mujer sube una escalera
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Entrada de balde. Proxección na Fundación Barrié
- Ano:1960
- Países de produción: Xapón
- Guión: Ryûzô Kikushima
- Fotografía: Masao Tamai
- Montaxe: Eiji Ooi
- Produtora(s): Toho Company