Galicia y Buenos Aires
Galicia y Buenos Aires
- 30 minutos
José Gil, quen tivera a honra de dirixir a primeira película de ficción galega en 1916, Miss Ledya, centrouse dende 1923 en capturar o cotián das localidades da nosa terra en toda sorte de noticiarios e proxectos de carácter documental a través da súa empresa Galicia Cinegráfica. Galicia y Buenos Aires é resultado das súas relacións coas sociedades de emigrantes en Latinoamérica e en concreto un encargo da agrupación bonaerense Hijos de Fornelos. Supón un rexistro da vida diaria desta localidade pontevedresa.
Filme restaurado polo CGAI no ano 2000.
- Ano:1931
- Países de produción: España