El evangelio según San Mateo
Il vangelo secondo Mateo
Enrique Irazoqui, Margherita Caruso
- 137 minutos
O mellor biopic sobre Jesús de Nazaret parte dunha proposta en simultáneo política e poética, na que Pasolini crea, desde a sinxeleza máis complexa, un filme impresionante, cheo de lirismo. Unha aproximación neorrealista e próxima, sen afastarse do texto bíblico, á figura de Jesucristo conforme ao evanxelio do apóstolo Mateo, capaz de recoller os principais episodios do texto: as dúbidas de José, a adoración dos Reis Magos, o bautismo, as tentacións no deserto, a morte de Juan Bautista, a Paixón, etc. Axustado ás liñas populares de representación sacra medieval, o autor afonda nunha aproximación mítica, épica e sagrada do mundo.
- Ano:1964
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Tonino Delli Colli
- Montaxe: Nino Baragli
- Produtora(s): Arco Film Roma, Lux Compagnie Cinématographique de France