@
- 6 min.
Ofrecemos a seguinte sinopse no orixinal en inglés pola dificultade (seguramente imposibilidade) de tradución, onde Brakhage xoga de maneira irónica coa sonoridade e significado da palabra arroba (@) en inglés. Termo recentemente aparecido nos teclados de ordenador cando fixo o filme en 1979, o vocábulo ten unha orixe incerta entre a preposición latina ad e a conxunción anglosaxona AT (a, xunto a, en), e podería confundirse na fala verbal con THAT (iso, que). Algúns nativos en inglés, dependendo de como pronuncien a vogal, poderían terminar por dicir máis ben ET (tamén conxunción de orixe latina en desuso e só aplicada en contextos cultos que quere dicir “e”). A maiores, queda recollida a idea de totalidade que se desprende de navegar pola world wide web, que non aparecería ata unha década despois, pero que xa fora dalgún xeito avanzada por Arthur C. Clarke na revista Popular Science en 1970. En apenas dúas liñas, Brakhage executa un galimatías lingüístico que, segundo el, define o propio filme.
“The first film of mine which is so very much there where it's at THAT it deserves visual symbol as title and no further explanation from me at/et? all”. [Stan Brakhage]
-
Desencadres: Stan Brakhage
Door
The Wold Shadow
Peaceable Kingdom
Three Films: Bluewhite, Blood's Tone, Vein
Fox Fire Child Watch
Western History
The Process
@
Dominion
Zone Moment
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presentan: Pablo Marín, Francisco Algarín.
- Ano:1979
- Países de produción: Estados Unidos