
Ladrón de bicicletas
Ladri di biciclette
Lamberto Maggiorani, Enzo Staiola, Lianella Carell
- 88 minutos
Antonio Ricci é un obreiro desempregado na Italia da posguerra que por fin atopa un bo traballo pegando cartaces pola cidade de Roma. Para o traballo cómprelle unha bicicleta, e por desgraza o primeiro día de traballo róubanlla. Antonio e o fillo Bruno comezan unha busca desesperada para recuperar a bicicleta por toda a cidade, os dous saben que sen ela Ricci non poderá conservar o traballo. Ladrón de bicicletas, obra mestra do neorrealismo italiano, é un duro testemuño da vida en Italia tras a Segunda Guerra Mundial. Trátase dunha película ateigada de actualidade, autenticidade e realismo. Interpretada por actores non profesionais que dotan os seus personaxes de dignidade na súa loita pola supervivencia.
- Ano:1948
- Países de produción: Italia
- Guión: Cesare Zavattini, Vittorio de Sica,Oreste Biancoli, Suso Cecchi D'Amico, Adolfo Franci, Gherardo Gherardi, Gerardo Guerrieri ; Luigi Bartolini (obra)
- Fotografía: Carlo Montuori
- Montaxe: Eraldo Da Roma
- Produtora(s): PDS