El abrazo de la muerte
Criss Cross
Burt Lancaster, Yvonne De Carlo, Dan Duryea
- 88 minutos
Steve Thompson regresa á súa cidade natal na procura de Anna, a súa exmuller, á que non é quen de esquecer. Ela sae agora con Slim Dundee, un coñecido gángster. Slim e Anna casan e, grazas ao traballo como empregado de seguridade de Steve, xorde a posibilidade dun gran golpe conxunto: as nóminas dunha empresa transportadas nun carro blindado. Se cadra, o que realmente subxace é unha liorta encuberta por Anna. Hai outros plans ou alianzas ademais das previstas? Quen quere fuxir co posible botín? Outro cumio da carreira norteamericana de Siodmak, unha variante depurada de The Killers /Forajidos. Con estilo directo, fluidez e fisicidade, o fatalismo e a ferocidade emanadas da trama constrúense a partir dun debuxo complexo dos personaxes e dun sentido visual eficaz.
-
O cine negro de Robert Siodmak
El abrazo de la muerte
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Entrada de balde.
-
O cine negro de Robert Siodmak
El abrazo de la muerte
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Entrada de balde.
- Ano:1949
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Daniel Fuchs, coa colaboración de William Bowers; novela de Don Tracy
- Fotografía: Frank Planer
- Montaxe: Ted J. Kent
- Produtora(s): Universal