Mary Poppins
Mary Poppins
Julie Andrews, Dick Van Dyke, David Tomlinson.
- 140 minutos
Reinado de Eduardo VII (1901-1910). A vida dunha familia inglesa formada por un pai banqueiro, unha nai sufraxista e dous nenos rebeldes -que pretenden chamar a atención dos seus pais facendo a vida imposible a todas as aias-, verase alterada coa chegada de Mary Poppins, unha extravagante institutriz que baixa das nubes empregando o seu paraugas como paracaídas.
Mary Poppins é a tenra e divertida comedia musical de Walt Disney baseada nas novelas de P. L. Travers. Gañadora de 5 Óscars, sorprendeu en 1964 polos seus efectos especiais e a súas cancións, que a converteron nun clásico do cine familiar.
A partir dos 6 anos.
- Ano:1964
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Bill Walsh, Don DaGradi, baseado nos libros de P.L. Travers
- Fotografía: Edward Colman
- Montaxe: Cotton Warburton
- Produtora(s): Walt Disney