
The Magnificent Ambersons / El cuarto mandamiento
Orson Welles, 1942
88´. 35mmm. Subt. castelán.
THE MAGNIFICENT AMBERSONS / EL CUARTO MANDAMIENTO (Estados Unidos, 1942) Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles, segundo a novela de Booth Tarkington. Fotografía: Stanley Cortez. Produción: R.K.O., Mercury Production. Intérpretes: Tim Holt, Joseph Cotten, Dolores Costello. Duración: 88 minutos. Unha saga familiar, os Amberson, donos da mansión más luxosa de Indianápolis a finais do século XIX, ve o declinar do seu esplendor ao tempo que asistimos ao crecemento do descendente, George, chulesco e soberbio. Segunda longametraxe de Welles, baseada nunha novela gañadora do premio Pulitzer en 1919. Nova e maxistral reflexión de Welles sobre o poder, o paso do tempo e a figura do progreso para un melodrama familiar rico en imaxes, recursos, admirables contrapuntos, fastuosa capacidad técnica, unha nova, gozosa e constante reinvención do cine.
Comentario
A interpretación de Agnes Moorehead en The Magnificent Ambersons é, sen dúbida ningunha, a máis memorable de cantas realizou ó longo da súa carreira cinematográfica. (...) Non menos fixado para sempre ó nome da actriz que o interpretou está o personaxe da tía Fanny, a frustrada solteirona desesperanzadamente namorada de Eugene Morgan (Joseph Cotten), pero sempre ó sombra da súa cuñada Isabel Amberson (Dolores Costello, ...), obxecto dos durante tantos anos reprimidos desexos de Eugane. (...) A súa aspera silueta, o seu rostro sombrío, ao seu nariz afilado, a súa mirada inescrutable convértena na máis poderosa presencia dun film ton inclasificable como maldito (...). Na secuencia final (lonxe da que Wolles decidira en princípio) a amargada Fanny vese obrigada a escoitor de labios de Eugene a súo declaración de amor hocia Isabel. Os sucesivos primeiros planos do seu rostro mostron, a base do leves pero significativas transformacións xestuais, a frustración, dor xo habitualmente reprimida, a definitiva desesperanza, a amarguro, a contención do pranto, que culminan nun lene sorriso indefinible.
Javier Angulo, en Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»
-
-
-
Orson Welles
The Magnificent Ambersons / El cuarto mandamiento
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Secundarios e antagonistas de Hollywood
The Magnificent Ambersons / El cuarto mandamiento
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Agnes Moorehead en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
The Magnificent Ambersons / El cuarto mandamiento
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Agnes Moorehead en...