Seisaku's Wife
Seisaku no tsuma 清作の妻
Ayako Wakao, Takahiro Tamura.
- 93 min.
Se cadra a obra mestra de Masumura e con seguridade unha das grandes películas xaponesas da década dos sesenta. Con guión de Kaneto Shindô Seisaku no tsuma anuncia o traballo de Nagisha Oshima en El imperio de los sentidos, xa que trata un tema moi similar, a obsesión erótica no período do xurdimento do militarismo en Xapón. A grande actriz Ayako Wakao interpreta unha campesiña marxinada que foi vendida en matrimonio a un anciá. Seisaku, o rapaz modelo da aldea, regresa do exército e comeza unha abrasadora relación con ela; desencadéase unha relación paixonal cun tráxico desenvolvemento.
(c) fotografía: 1965 Kadokawa Pictures
- Ano:1965
- Países de produción: Xapón
- Guión: Kaneto Shindô, baseado na novela de Genjirô Yoshida.
- Fotografía: Tomohiro Akino
- Montaxe: Tatsuji Nakashizu
- Produtora(s): Daiei Studios