IL CAIMANO
Nanni Moretti, 2006.
112´. Subtítulos en galego.
IL CAIMANO / [O CAIMÁN]
(Italia-Francia, 2006)
Dirección: Nanni Moretti. Guión: Nanni Moretti, Francesco Piccolo e Federica Pontremoli. Fotografía: Arnaldo Catinari. Produción: Bac Films, Sacher Film, Stéphan Films, France 3 Cinéma. Intérpretes: Silvio Orlando, Marguerita Buy, Michele Placido. Duración: 112 minutos.
Paolo Bonomo é un produtor de películas de serie B que atravesa un momento particularmente difícil: estase separando da súa muller Paola e a súa empresa produtora non vai demasiado ben. Un día aparece un guión dunha película sobre o presidente italiano Silvio Berlusconi e acepta producilo. No camiño desta realización baterá con non poucos problemas inesperados. Sátira e fábula política, moi por enriba de resonancias preelectorais e conxunturais, que participou na Sección Oficial de Cannes e obtivo seis David de Donatello.