
El autoestopista
The Hitch-hiker
Edmond O'Brien, Frank Lovejoy
- 71 minutos
Dous amigos diríxense por estrada a México. Moi preto da fronteira, aceptan recoller un autoestopista. A lóxica cordialidade inicial dá paso moi rapidamente a unha tensión in crescendo. Os amigos, en medio de xogos macabros e doses de estraño sadismo, descobren que o viaxeiro é un perigoso psicópata. O cualificado primeiro filme adscrito ao xénero negro dirixido por unha muller, posúe elementos pioneiros –anticipa parte do cine de psicópatas que ha estoupar un par de décadas despois- nun itinerario intenso a modo de road movie, unha serie B de culto tan seca e directa como concisa e fluída.
-
-
Cineclube Lumière
El autoestopista
- Ano:1953
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Ida Lupino, Collier Young
- Fotografía: Nicholas Musuraca
- Produtora(s): The Filmakers