Hipernormalización
HyperNormalisation
- 167 minutos
Documental ensaístico arredor do concepto da “hipernormalización”, en que Curtis argumenta como os gobernos occidentais, os seus grupos financeiros e a elite tecnolóxica se renderon dende os anos setenta a construír un “mundo mentira” que substitúe o real e que procura exclusivamente os intereses das corporacións.
-
Adam Curtis: unha historia natural do poder
Vivir nun mundo irreal
Hipernormalización
Presentación e coloquio: Adam Curtis, Miguel-Anxo Murado (periodista) e Chema González (comisario do ciclo)
- Ano:2016
- Países de produción: Reino Unido
Vivimos un tempo de grande incerteza e confusión. Hai feitos que non deixan de acontecer que semellan inexplicables e fóra de control. Donald Trump, o Brexit, a guerra en Siria, a inacabable crise migratoria, ataques aéreos aleatorios. E aqueles que se supón que teñen o poder están paralizados – non teñen nin idea de que facer.
Este filme é a épica historia de como chegamos a este estraño lugar. Explica non só por que estes caóticos feitos están tendo lugar – senón tamén por que nós, e os nosos políticos, non podemos comprendelos.
Mostra que o que ocorreu é que todos nós en Occidente – non só os políticos, os xornais e os expertos, senón nós propios – retirámonos a unha simplificada, e a miúdo completamente falsa versión do mundo. Mais como estamos rodeados dela aceptámola como normal.
Mais hai outro mundo aí fóra. Forzas que os políticos tentaron esquecer e soterrar hai corenta anos – que logo se infectaron e mudaron – mais que agora se volven contra nós con vingativa furia. Fenden o muro do noso falso mundo.
BBC