![Shift](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/gehr_-_shift.jpg?itok=xSATfD_2)
Shift
Shift
- 4 minutos
Para Gehr, Shift abriu un novo camiño, quizais de aí vén o retruécano do título. É a primeira película na que emprega unha montaxe exhaustiva. Os actores son todos mecánicos -unha serie de coches e camións filmados desde varios pisos de altura segundo pasan por unha rúa de tres carrís na cidade. Gehr aílla un ou dous vehículos á vez, invirtindo algunhas tomas, de modo que o coche colga do asfalto coma un morcego dunha viga, usando ángulos tan severos que o tráfico a miúdo parece estar escorregándose da terra, e empregando un movemento inverso tan abrupto que os actores a miúdo saen da escena coma se os varresen do escenario co proverbial bastón. Unha escueta banda sonora de ruídos de tráfico acompaña o espástico ballet mecánico. Non só a acción senón os deliberados movementos de cámara de Gehr están sincronizados coa música dos bucinazos, os freos chirriantes e as engranaxes das marchas. A película de oito minutos está estruturada coma unha serie de gags de desaparicións oblicuamente cómicas: os camións precipítanse sobre as súas sombras, os coches cambian de dirección inesperadamente ou arrancan cara á nada. (J. Hoberman).
- Ano:1974
- Países de produción: Estados Unidos