O século do Eu. Episodio 3: Hai un policía nas nosas cabezas que debe ser destruído
The Century of the Self. Episode 3: There is a Policeman Inside All Our Heads, He Must Be Destroyed
- 58 minutos
Terceira parte de O século do Eu. Neste capítulo Adam Curtis atende á resposta ás teorías de Freud sobre a represión do Eu que se xerou nos anos sesenta e dá paso aos diferentes cursos de autoaxuda propios da xeración Me. Mais este afán de se sentir único axiña foi utilizado polas corporacións no seu beneficio económico.
Nos anos sesenta, un grupo radical de psicoterapeutas puxo a proba a influencia das ideas de Freud en América. Estaban inspirados polas ideas de Wilhelm Reich, un pupilo seu que lle dera as costas e que era odiado pola familia de Freud. Cría que o eu interior non debía ser reprimido ou controlado. Debía animárselle a se expresar por si mesmo.
De aquí saíu un movemento político que buscaba crear novos seres libres da conformidade psicolóxica que se implantase na mente do pobo pola xente de negocios e os políticos.
Este programa mostra como isto evolucionou rapidamente en América mediante movementos de autoaxuda coma o Erhard Seminar Training de Werber Erhard, ata o irresistible levantamento do Eu expresivo: a xeración Me.
Mais as corporacións americanas logo se decataron de que este novo Eu non era unha ameaza, senón unha oportunidade. Encontrábanse entre os seus intereses facer sentir ás persoas que todos eran individuos únicos para así venderlles formas de expresar a súa individualidade. Para iso volveron servirse de técnicas desenvolvidas por psicanalistas freudianos para ler os desexos internos e controlar este novo Eu.
Just Adam Curtis