O século do Eu. Episodio 4: Oito persoas bebendo viño en Kettering
The Century of the Self. Episode 4: Eight People Sipping Wine in Kettering
- 59 minutos
Cuarta parte da serie O século do Eu, na que Curtis trata as novas técnicas da esquerda dos noventa no Reino Unido e os Estados Unidos, levadas a cabo por Tony Blair e Bill Clinton, para conectar máis cos seus votantes dende os seus desexos subconscientes.
Este episodio explica como políticos da esquerda, tanto en Gran Bretaña coma en Norteamérica, miraron cara as técnicas desenvolvidas polos negocios para ler e alimentar os desexos internos do Eu.
Tanto no novo laborismo, baixo a éxida Tony Blair, coma os demócratas liderados por Bill Clinton, usaron o grupo focal, que inventaran os psicoanalistas para recuperar poder. Propuxéronse moldear as súas políticas arredor dos desexos e sentimentos internos do Eu de igual modo que o capitalismo fixera para vender os seus produtos.
Disto xurdiu unha nova cultura de relacións públicas e márketing en política, nos negocios e no xornalismo. Unha das súas estrelas en Gran Bretana foi Matthew Freud, que seguiu os pasos da súa xenealoxía, con Edward Bernays coma o inventor das relacións públicas nos anos vinte.
Os políticos pensaban que estaban creando unha nova e mellor forma democrática, unha que realmente respondía aos desexos internos dos individuos. Mais do que non se decataron foi de que o obxectivo orixinal dos que xeraron estas técnicas nunca foi liberar a xente senón desenvolver novas formas de controlala.
Just Adam Curtis