
Xente en domingo
Menschen am sonntag
Erwin Splettstosser, Brigitte Borchert
- 75 minutos
No Berlín de entreguerras, os cidadáns aturan a semana á espera do descanso dominical. Un grupo de amigos planea unha escapada ao campo, pero as cousas complícanse entre eles. É o argumento de Los hombres del domingo ("Menschen am Sonntag", 1930, Alemaña) de Robert Siodmak, con Brigitte Borchert, Christl Ehlers, Wolfganf von Waltershausen, Annie Schreyer e Erwin Splettstösser.
Esta "película sen actores", como se autodenomina nos seus primeiros minutos, contou tras a cámara co talento colectivo de Robert Siodmak, Edgar G. Ulmer, Curt Siodmak e Fred Zinnemann, así como cun mozo Billy Wilder ao guión. Con vocación de retrato documental, o filme empregou actores non profesionais nunha historia que, non obstante, se move en todo momento entre a mirada puramente observacional (e improvisada) e a dramatización meticulosamente escrita.
- Ano:1930
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Billy Wilder; sobre unha reportaxe de Curt Siodmak
- Fotografía: Eugen Schüffan
- Produtora(s): Filmstudio Berlin